Xa levo un tempo por aquí, mais recomendáronme facer unha #presentación ou #apresentação.
Son Coegho, son #galego (da comarca de Pontevedra), e por principios galegofalante. Veño dese burato do inferno coñecido como Twitter.
Traballo de programador informático, e nestes momentos estou intentando meter o pé no #gamedev #indie usando Godot.
Son dos que levan o Sempre en Galiza nunha man e o Manifesto Comunista na outra. Gústame moito falar de política e lingua, mais tamén o rol e os videoxogos.
a tudo isto...
en https://dev.phanpy.social xa se pode ir usando #phanpy en #galego
Ten as súas cousiñas que mellorar, pero non é unha desfeita e pronto xa estará na versión oficial estable (releases)
cartafol
cartafoles
cartafois?
PSA:
Na nova versión de #mastodon cambiaron o nome do alcance das publicacións de "Unlisted" por "Quiet public" , o que ven sendo "Menor implicación dos algoritmos"
Púxenlle "Público limitado" xa que compórtase "Do mesmo xeito que público, menos que a publicación non aparecerá nas cronoloxías en directo ou nos cancelos, en descubrir ou nas buscas de Mastodon, incluso se estivese establecido nas opcións xerais da conta."
Vese ao premer na aquí no editor. No .gal aínda non. #galego
No ides crer, pero eu uso a palabra
NIFROSO (adxectivo)
correctamente!
Fun mirar a ver si existía no dicionario da Academia e si! No Estraviz tamén está.
Porque teño que dicir que enmivida lla escoitei a ninguén.
Di ti que se non estaba no dicionario tampouco pasaba nada.
Eu úsoa _en plan_ ... "dasme nifro sabes"
en #galego (xa non era sen tempo)
tiña pendente de actualizar #navidrome á versión 0.50, que "xa" ven en #galego
enjoy! (disfrutalafruta!)
grazas a "pollitor" temos Calibre-Web en #galego. Grazas!
desde maio do ano pasado: https://github.com/janeczku/calibre-web/issues/2510
Hai que ir aos Axustes de usuaria e escoller aí a "Lingua". Non é un axuste da Administración, se non da persoa usuaria.
Intentei contactar con ela para facer algunha suxestión pero nunca respondeu (en github)
https://github.com/janeczku/calibre-web/tree/master/cps/translations/gl
A todo isto kbin.social xa está en #galego e axiña o resto de instancias irán actualizando.
É a primeira tradución, así que é de agardar que mellore Desculpas polos fallos e inconsistencias. Se ase lo que se puede nomás.
Os ningués realizan homenaxe á familia xitana falecida nun incendio en Vigo, Rosana, e o seu tres fillos: Aldara de 14 anos, Ezequiel, de 12 e Sara, de 10 perderon a vida nun incendio en principio catalogado como intencional aínda que agora está claro é foi froito da precariedade e o abandono por parte dos responsables políticos.
se queres que as túas publicacións aparezan en cronoloxías públicas entón vai a https://mastodon.gal/settings/preferences/other na interface web e ponlle ahí que queres que sexan públicas por defecto. Sempre podes modificar este valor ao publicar.
Digo isto porque por defecto creo que ven posto "Non listado" (que feo rediós) e igual a xente non sabe porque non aparecen as súas ocorrencias na cronoloxía local. Pois por isto.
Xa que estás, ponlle que publicas en #galego
Vou animarme co rolvember de Pórtico deste ano. Aproveitareino para explorar un pouco algúns mundos ficticios aos que lles estou dando voltas. Usarei os hashtags #rolvember2023 e #virivember2023, que os caracteres nom dan para máis, e será un fío (que comeza aquí).
(Aquí o post orixinal de Pórtico: https://mastodon.social/@portico/111322714048637952 )
deume por instalar @monocles 's Chat e vexo que, como é unha bifurcación de Conversations, pillou a tradución do #galego pero é moi antiga e faltan bastantes cadeas por traducir. Incluso algunhas son directamente publicidade/información de conversations.im
Haberá que darlle un repaso e completala
Con calma
Edito: a ligazón https://f-droid.org/en/packages/de.monocles.chat/ ou na súa web.
Friends do not let friends to use wasap